sábado, 24 de marzo de 2012

Deseño dunha silla: Silla Rechemangué

Para o deseño desta silla comecei facendo uns bosquexos simples cunha vista frontal. Este deseño foi evolucionando para dar mais robustez e ademais facela un pouco mais realizable. No primeiro momento as patas traseiras serían igual que as dianteiras, pero decidín facer unha prolongación do respaldo que funcionasen como patas por recomendación do profesor. Unha vez feito esto, decidín engadir uns travesaños entre as patas para dar maior resistencia. 

O  que mais chama a atención da miña silla é o respaldo, simple, pero dividido en duas pezas de diferente grosor, diferente altura, e diferente inclinación. A inclinación do respaldo mais baixo foi pensada para darlle menos seriedade á silla e darlle algo de movemento, pero unha vez rematada deime conta de que esto parecía que era debido a un erro de cálculo, polo que pode que non fose unha moi boa idea. A diferente altura e grosor decidinos mais tarde do bosquexo inicial. A diferente altura é o que mais chama a atención e decidín facelo xa que senón, nada chamaría a atención no seu deseño.

Neste silla apenas hai referencias ergonómicas, tan só nas dimensións que se axeitan ó corpo humano, pero non hai curvas que fagan mais comoda a presencia dunha persoa, ou inclinación que lle dean maior comodidade. É unha silla inspirada no minimalismo, con trazos rectos, na que só a inclinación de un dos respaldos crea unha liña diagonal. 

Nesta foto podemos ver o respaldo que tamén fai a función de patas traseiras.

Para fabricar esta silla elexín a madeira, que é un material co que se pode traballar facilmente, e ten un peso e precio axeitados, ademáis ten bastante resistencia para o fin que é pensada unha silla. A co elexida foi a branca, porque aporta seriedade e frescura, pero non tanta seriedade coma o negro, no que tamén pensei, pero non funcionaría porque aporta un toque demasiado serio. Por outra banda, a utilización de cores mais vivas tamén as descartei xa que xuntando a inclinación do respaldo cunha cor viva, non pegaría co seu deseño tan minimalista. Considero que a utilización de cores vivas podería darse si se eliminase a inclinación do respaldo.

1 comentario:

  1. "pero unha vez rematada deime conta de que esto parecía que era debido a un erro de cálculo"...

    JAJAJAJA... Sobre todo cando a base do respaldo inclinado non é paralela ó chan.

    ResponderEliminar