sábado, 24 de marzo de 2012

Deseño dunha caixa: Librería Dosantos.


A caixa que aqui vemos, foi un traballo realizado para a incorporación dun logotipo, que sería o mais importante desta caixa. Partimos da elección dunha caixa que xa estaba deseñada, e xa tiña as medidas previamente. Comecei facendo o debuxo nunha cartulina e logo incorporei o logotipo. O logotipo pertence a unha librería tamén inventada por min que o mercado estaría destinado a xente nova e a rapaces, incorporando principalmente a cultura da rúa, de ahí todos eses colores e a tipografía manuscrita. Os colores que simbolizan a librería serían Verde, Vermello, Amarelo e Azul, por esta mesma orde, e situadas dentro do símbolo que podemos ver encima da palabra "librería". Esta caixa realizaríase en varios tamaños para adaptarse ós diferentes tamaños de libros. O nome da librería é "Dosantos" o nome non se refiere a nada, pero na miña opinión pareceme que simboliza a linguaxe da rúa, aportándolle un toque brasileiro, que concorda perfectamente cas numerosas cores elexidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario