domingo, 4 de diciembre de 2011

anuncio vw golf



Nesta curta publicitaria anunciase un volkswagen, o horario no que se emite, acostuma ser entre programas de máxima audiencia e en horarios nos que a televisión é vista por máis xente. Ten un ritmo moi alto ó principio, cunha pequena relentización ó final, cando logramos ver a figura do coche. O número de planos é de entre 25 e 28, e o anuncio ten unha duración de uns 33 segundos, polo que temos case un plano por segundo.
No anuncio vese un último lanzamento dun partido de béisbol, que remata coa victoria do bateador ó lanzar a  pelota incluso fóra do campo, o que lle produce unha enorme alegría a el, ó equipo, e a toda a aficción, pero aqui hai un punto de xiro. Un home entra no campo e tira co xogador ó chan mentres este vai correndo lentamente celebrando a victoria, o home lebántase, sacudese, e marcha andando. Cando chega ó lado do seu Golf, veselle unha luna rota coa pelota encima do cristal e nese momento aparece o lema " Golf, es algo personal" que lle da o toque de humor ó anuncio mentras o recita unha voz dunha persoa xoven, pero con seriedade.

A música que aparece no spot solo está de fondo, e sería a típica música que veríamos nunha película deste ámbito, de grandeza, de victoria e para xusto cando a persoa tira co xogador ó chan.
A función do anuncio é persuasiva e económica, coma case todos os anuncios de hoxe en dia.
O target do anuncio é a xente con posiblidades de ter coche, polo tanto, maiores de 18, pero vai mais ven dirixido a un público de entre 25 e 40 anos, polo contexto, a vestimenta do dono do Golf, a idade que ten. A vestimenta inspira confianza e seriedade, pero con un toque de persoa xoven. Chaqueta americana, zapatillas, pantalóns vaqueiros, e camiseta.

O que mais destaca neste anuncio é o punto de xiro que pega ó final, e dende o meu punto de vista da a entender o gran significado que sería ter un golf, pero non dende un punto de vista nada humilde, xa como decindo que sobran as palabras, todo o mundo coñece o Golf e non fai falla decir nada mais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario