domingo, 4 de diciembre de 2011

anuncio R5 GTT



Este anuncio é sobra un coche da époco dos 80 na que é usada a sexualidade para intentar vender o coche. A velocidade dos planos e moi rápida, ten uns 33 planos aproximadamente e a duración do anuncio é de 30 segundos. Ó principio mais ó final temos unha velocidade non tan rápida, pero polo medio que é cando o coche está en movemento, hai unha velocidade de casi 2 planos por segundo, o que intenta aplicarlle a sensación de velocidade ó coche. Tamén intenta dar un aire de futurismo, ainda que na nosa época nos da unha sensación mais próxima ó humor. Aparece unha muller completamente desnuca, cun casco futurista e unha pistola laser. Está dirixido ó piblico adulto e mais ben ó sexo masculino, xa que na época dos 80, si aparece unha muller desnuda nun anuncio, claramente, está dirixido ó publico masculino, pero o target e máis ben a xente xoven, que eran quen quería ter coches rápidos.

Neste anuncio destácase unicamente a velocidade do coche, sin interesarse en absoluto por ningún outra virtude, o único que importa é a velocidade, igual que hoxe en dia podemos ver en moitos anuncios a importancia das emisións de CO2 ou a seguridade, naquela época o importante era a velocidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario