sábado, 24 de marzo de 2012

Analisis silla

A silla que aqui vemos é unha silla "mecedora" que recorda a un deseño de principios do século XX. 
Os materiais usados para a sua realización son madeira, e ferro para os tornillos de unión. Predomina claramente a madeira. Esta silla está dividida en moitas partes, non sei exactamente en cantas, pero vounas definir mais ou menos. Empezamos por abaixo, cos arcos que van unidos ás patas, que son os que lle dan a posiblidade de movemento á silla. Logo temos as patas, que teñen varios travesaños para dar mais robustez. As patas dianteiras forman parte dos apoia-brazos e as traseiras formanparte do respaldo. O asento vai situado encima de outros travesaños e non está suxeito á silla, polo que é extraíble, está formado por dous arcos bastante abertos atravesados por varias taboas, concretamente nove. os apoiabrazos están encima das patas dianteiras, polo que as patas alevane ata a altura dos brazos. o respaldo remata cunhas bolas feitas a torno e está formado por unhas "varillas" de madeira que o atravesan de arriba abaixo. Os acabados son bastante traballados xa que estamos ante unha silla artesanal que miña nai pideu a un carpinteiro amigo da familia. O seu precio foi de 110 euros aproximadamente, e está barnizada cun ton bastante claro, a madeira pareceme que é de roble americano, non por coñecementos meus senon porque mo dixeron, XD.

Deseño dunha caixa: Librería Dosantos.


A caixa que aqui vemos, foi un traballo realizado para a incorporación dun logotipo, que sería o mais importante desta caixa. Partimos da elección dunha caixa que xa estaba deseñada, e xa tiña as medidas previamente. Comecei facendo o debuxo nunha cartulina e logo incorporei o logotipo. O logotipo pertence a unha librería tamén inventada por min que o mercado estaría destinado a xente nova e a rapaces, incorporando principalmente a cultura da rúa, de ahí todos eses colores e a tipografía manuscrita. Os colores que simbolizan a librería serían Verde, Vermello, Amarelo e Azul, por esta mesma orde, e situadas dentro do símbolo que podemos ver encima da palabra "librería". Esta caixa realizaríase en varios tamaños para adaptarse ós diferentes tamaños de libros. O nome da librería é "Dosantos" o nome non se refiere a nada, pero na miña opinión pareceme que simboliza a linguaxe da rúa, aportándolle un toque brasileiro, que concorda perfectamente cas numerosas cores elexidas.

Deseño dunha silla: Silla Rechemangué

Para o deseño desta silla comecei facendo uns bosquexos simples cunha vista frontal. Este deseño foi evolucionando para dar mais robustez e ademais facela un pouco mais realizable. No primeiro momento as patas traseiras serían igual que as dianteiras, pero decidín facer unha prolongación do respaldo que funcionasen como patas por recomendación do profesor. Unha vez feito esto, decidín engadir uns travesaños entre as patas para dar maior resistencia. 

O  que mais chama a atención da miña silla é o respaldo, simple, pero dividido en duas pezas de diferente grosor, diferente altura, e diferente inclinación. A inclinación do respaldo mais baixo foi pensada para darlle menos seriedade á silla e darlle algo de movemento, pero unha vez rematada deime conta de que esto parecía que era debido a un erro de cálculo, polo que pode que non fose unha moi boa idea. A diferente altura e grosor decidinos mais tarde do bosquexo inicial. A diferente altura é o que mais chama a atención e decidín facelo xa que senón, nada chamaría a atención no seu deseño.

Neste silla apenas hai referencias ergonómicas, tan só nas dimensións que se axeitan ó corpo humano, pero non hai curvas que fagan mais comoda a presencia dunha persoa, ou inclinación que lle dean maior comodidade. É unha silla inspirada no minimalismo, con trazos rectos, na que só a inclinación de un dos respaldos crea unha liña diagonal. 

Nesta foto podemos ver o respaldo que tamén fai a función de patas traseiras.

Para fabricar esta silla elexín a madeira, que é un material co que se pode traballar facilmente, e ten un peso e precio axeitados, ademáis ten bastante resistencia para o fin que é pensada unha silla. A co elexida foi a branca, porque aporta seriedade e frescura, pero non tanta seriedade coma o negro, no que tamén pensei, pero non funcionaría porque aporta un toque demasiado serio. Por outra banda, a utilización de cores mais vivas tamén as descartei xa que xuntando a inclinación do respaldo cunha cor viva, non pegaría co seu deseño tan minimalista. Considero que a utilización de cores vivas podería darse si se eliminase a inclinación do respaldo.

domingo, 4 de diciembre de 2011

anuncio DGT



Este é un anunio da dirección xeral de tráfico, e non ten un afán recaudatorio senón de concienciación. Polo que a form do anuncio cambia moito, usando o impacto, que hoxe en dia, nos anuncios quedou reducido únicamente ó ambito da concienciación. Ten uns planos lentos, e a duración do anuncio é de 32 segundos. Conta diferentes historias, pero seguindo unha liña temporal. En ningún momento conta o que realmente pasa, pero xa o imaxinamos. Vese como a unha persona lle chaman ó mobil para falarlle de algo... e resulta ser de algún familiar que tibo un accidente de tráfico, e iesto é algo co que vivimos dia a dia, e nunca nos queremos ver na situación na que se ven estas persoas.